Escolares


Conxunto de actividades deseñadas por Breogan de Xestion S.L para nenos e nenas de Educación Primaria e Educacion Secundaria orientadas à práctica co obxectivo de aprender habilidades e destrezas favoreciendo o seu desenvolvemento .

Estas actividades cubren distintas areas de coñecemento : Reforzo Escolar, Habitos saudables, Habilidades Sociais...

Maiores



No deseño e execución de actividades para persoas maiores, apoiandonos na nosa experiencia traballando con este colectivo e nun equipo human altamente cualificado e motivado, enfocamonos sempre a iniciativas que permiten canalizar e aglutinar as inquedanzas e as ilusións das personas maiores, contribuen a mellorar a súa calidade de vida e axudan a desenvolver as súas potencialidades.

As actividades fomentan as relacións sociais dos participantes, estimulan a creatividade e a participación dos mesmos na sociedade, potenciando a súa curiosidade por coñecementos novos. E, finalmente, propician a dinamización da vida diaria dos nosos maiores, posibilitando unha serie de alternativas lúdico-culturais ó seu tempo libre.

Muller



Dende os comezos da nosa empresa, Breogan de Xestion S.L, sempre se caracterizou cunha especial sensibilizacion na atención das demandas da poboación feminina e, en concreto, para articular os mecanismos necesarios para facer valer os dereitos das mulleres e implicar a comunidade, no seu conxunto, na consecución dunha plena igualdade entre mulleres e homes.

A promocion da igualdade de oportunidades, a través da detección e eliminación das discriminacións directas e indirectas, desenvolvendo accións positivas destinadas a facer realidade esta igualdade; e tamén mediante a incorporación da perspectiva de xénero en todas as actuacións que se realizan , isto é, a súa integración transversal no deseño e execución das actividades.

Os obxectivos fundamentais que buscamos en relación coas actividades realizadas para o colectivo da muller son:

  1. Favorecer o desenvolvemento integral das mulleres, para mellorar a súas calidade de vida e o benestar social.

  2. Promover a participación activa das mulleres na sociedade, para enriquecela coas súas achegas.

  3. Contribuír a previr e eliminar factores que orixinan e manteñen as desigualdades entre mulleres e homes.

  4. Potenciar a cooperación e participación social na eliminación dos obstáculos que dificultan a igualdade entre mulleres e homes.

Neste senso, podemos estar orgullosos de haber aportado o noso gran de area a consecucion destos obxectivos coa elaboración de Plans de Igualdade da Muller para diversos concellos galegos, sendo pioneiros na aplicación da LEI 2/2007, DE 28 DE MARZO, DO TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES EN GALIZA coa elaboración de plans de igualdade e actuacións de adecuación para empresas galegas.


De igual forma seguimos traballando para o desenvolvemento pleno do colectivo feminino, con actuacións de fomento da corresponsabilidade, de mellora do emprego feminino, e de educación en valores de igualdade.