Maiores



No deseño e execución de actividades para persoas maiores, apoiandonos na nosa experiencia traballando con este colectivo e nun equipo human altamente cualificado e motivado, enfocamonos sempre a iniciativas que permiten canalizar e aglutinar as inquedanzas e as ilusións das personas maiores, contribuen a mellorar a súa calidade de vida e axudan a desenvolver as súas potencialidades.

As actividades fomentan as relacións sociais dos participantes, estimulan a creatividade e a participación dos mesmos na sociedade, potenciando a súa curiosidade por coñecementos novos. E, finalmente, propician a dinamización da vida diaria dos nosos maiores, posibilitando unha serie de alternativas lúdico-culturais ó seu tempo libre.